Revolto á Entrimeña
Author: MaisReceitas.com
Ingredientes
  • (aprox. para 10 persoas)
  • •3 mañizas de grelos
  • •aceite de oliva
  • •allo, xamón, touciño entrefebrado
  • •vieiras
  • •gambas
  • •ovos caseiros
Preparação
  1. Cocemos os grelos durante 15 minutos en auga de cocer carne ou cun pouco unto.
  2. Retiramos e escorremos.
  3. Poñemos aceite de oliva, allo, un pouco de xámon e touciño entrefebrado, picado en tamaño regular, rustrimos, arredamos do lume e deixamos esfriar.
  4. Poñemos ó lume, nunha tarteira de barro, aceite de oliva virxe, ó estar moi quente engadimos allo picado, deixamos ata dourar un pouco, mesturámoslle vieiras en rebandas, gambas escascadas e un pouquiño de xámon picadiño. Dámoslle unhas voltas e botámoslle os grelos, mesturando ben todo.
  5. Engadimos unha ducia de ovos caseiros pouco batidos, agregamos o rustrido, revolvemos todo e servimos na mesma cazola adornando con triángulos de pan frito.
Recipe by Mais Receitas - Cozinhar é fácil at https://www.maisreceitas.com/revolto-ntrime/