Patas de ternera estofadas
Author: MaisReceitas.com
Ingredientes
  • (aprox. para 6 persoas)
  • •6 patas de ternera
  • •auga
  • •allo, cebola, loureiro, perexil
  • •vinagre
  • •sal, pementa, guindillas
  • •pementos asados
  • •fariña
  • •viño seco, coñac, whiski
  • •cachelos
Preparação
  1. As patas de terneira moi limpas e chamuscadas, cocémolas ata estaren tenras, en auga con allo, cebola, loureiro, gotas de vinagre, pementa e sal.
  2. Escorrémolas, secámolas e rebozámolas en fariña, dándolle unha fritura nunha tixola.
  3. Facemos unha salsa con cebola e pementos naturais picados, engadimos a auga de cocer as patas, salpicamos con vinagre e viño seco, 3 ou 4 guindillas, coñac, whiski e metémolas nesta salsa ben cubertas, cociñandose de 15 a 20 minutos
  4. Colocámolas nunha tarteira de barro e metémolas ó forno, mesturándolle unha pouca desta salsa pasada polo batedor.
  5. Srvimos con cachelos adornados con perexil picadiño e tiras de pementos asados.
Recipe by Mais Receitas - Cozinhar é fácil at https://www.maisreceitas.com/patas-de-ternera-estofadas/