Natillas
Author: MaisReceitas.com
Ingredientes
  • (para 4 persoas)
  • •1 l. de leite
  • •6 xemas
  • •6 culleradas de azucre
  • •canela
  • •un chisquiño de fariña
Preparação
  1. Separamos as claras das xemas.
  2. Botamos estas últimas soas nun recipiente, engadimos o azucre e revolvemos ben, a continuación o litro de leite e a fariña mesturando ben, pero sen chegar a bater.
  3. Coamos todo e botamos nunha pota, engadimos un pauciño de canela e poñemos ó lume.
  4. Revolvemos e mantemos a lume vivo, pero sen que chegue a ferver.
  5. Retiramos e seguimos revolvendo ata que enfríe.
  6. Coamos outra vez e metemos á neveira.
  7. Adornamos con canela, e coas as claras batidas a punto de neve.
  8. Forneamos uns minutos para que collan color.
Recipe by Mais Receitas - Cozinhar é fácil at https://www.maisreceitas.com/natillas/